O vindeiro 17 de decembro de 2020, celebraráse unha xornada virtual presentando os resultados do proxecto BIALAC, organizadas pola Cátedra EMALCSA-UDC e o consorcio do proxecto BIALAC, cofinanciado a través do programa CONECTA-PYME da Xunta de Galicia.
O proxecto BIALAC está liderado por *EMALCSA, no que participan as empresas ABAKAL, INNOLACT e ECOPLAS, xunto coa UDC para desenvolver un novo produto biomaterial a partir da valorización do soro lácteo e do lodo urbano.
Ten como obxectivo desenvolver un biomaterial baseado en polímeros biodegradables (bioplásticos), a un custo baixo mediante o uso de materia prima de baixo valor a partir do soro dunha industria láctea e de lodo de depuradoras urbanas. O proceso permitirá ao mesmo tempo reducir os custos de produción dos biopolímeros (polihidroxialcanoatos, PHA), valorizar o soro lácteo e o lodo de depuradora, e producir novas formulacións de envasado de alimentos 100% biodegradables, contribuíndo así a un modelo de economía circular.
A continuación achégase o programa da xornada:
XORNADA DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS PROXECTO BIALAC.
Será en formato virtual e aberto para todos os intersados que se inscriban na seguinge ligazón. O prazo de inscrición remata o 16 de decembro.
Ligazón a inscrición: https://www.fundacion.udc.es/inscripcion.asp?id=1113&idioma=GA