Coa sustentabilidade como eixo, a colaboración científico-técnica entre a Universidade de A Coruña e a empresa municipal Emalcsa centrarase na definición de estratexias e metodoloxías para a xestión integrada da auga en diferentes contextos xeográficos, sociais e económicos.
Para iso, seguiranse os principios e valores que son paradigma a nivel mundial, como o uso das “infraestruturas verdes”, no denominado “desenvolvemento de baixo impacto” (Low Impact Development, LID), ou no concepto de “cidades sensibles á auga” (water sensitives cities), que ten como ferramenta fundamental a implantación das técnicas de drenaxe urbana sustentable (TDUS).
O uso das TDUS implica unha novo modelo da xestión das augas pluviais e das escorrentías no ámbito urbano (uso dos tellados verdes, os sistemas de biorretención, o uso de lagoas, estanques e humidais, etc.). Outros aspectos de vital importancia serán as consecuencias derivadas do proceso de cambio climático o a introdución de elementos de economía circular nos sistemas de auga urbana.