A empresa de solucións de enxeñaría ambiental 3edata tivo unha destacada implicación na elaboración do proxecto Water-ForCE, unha tarefa que tamén contou co apoio de diferentes entidades galegas, nacionais e europeas.
A pegada galega nesta ambiciosa iniciativa non só está garantida por 3edata, senón que tamén cómpre citar á Xunta de Galicia, cuxa participación se manifesta a través de Augas de Galicia e da Axencia Galega de Innovación (GAIN). A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) e o Goberno de España, a través do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e do Instituto Geográfico Nacional, tamén apoian a 3edata nesta iniciativa.
Accede a noticia completa.