Juan Naves García Rendueles acadou o accésit ‘Agua y Ciudad’ (patrocinado pola Cátedra Aguas de Valencia) nos VII Premios do Instituto de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente da Universidade Politécnica de Valencia ao mellor traballo en enxeñería da auga. Fixoo grazas a súa tese doutoral ‘Wash‐off and sediment transport experiments in a full‐scale urban drainage physical model’, dirixida por José Anta e Jerónimo Puertas, investigadores do Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (Geama) da Universidade da Coruña, que forma parte do consello científico-técnico da Cátedra Emalcsa-UDC.
A tese de Naves desenvolve modelos de drenaxe urbana máis fiábeis que melloren a xestión da auga de chuvia e o deseño de medidas de tratamento para o crecemento sostible de áreas urbanas. “Contaminantes como hidrocarburos, metales pesados ou microplásticos acumúlanse nas superficies impermeables das cidades procedentes do tráfico e doutras actividades humanas. Cando chove, estes contaminantes son transportados cara a redes de drenaxe ou, no peor dos casos, ao medio natural. A pesar da importancia deste fenómeno, a precisión dos modelos de drenaxe para estimar cargas contaminantes é, na actualidade, moi limitada. Esta tese pretende incrementar o coñecemento sobre estes procesos de lavado e transporte de contaminantes e xerar unha base de datos que permita desenvolver e validar modelos de drenaxe urbano en términos de cargas contaminantes. Para iso levouse a cabo unha ampla campaña experimental nun simulador de chuvia a escala real”, apunta este investigador do Geama nunha entrevista publicada na web da IIAMA.
Os resultados desta tese enmarcada nunha liña de investigación sobre modelos de drenaxe urbanos que está a desenvolver o Geama, servirá para estimar de xeito máis preciso as cargas contaminantes que transporta a auga da chuvia. Deste xeito poderase reducir a contaminación dos medios acuáticos das contornas das cidades e aumentar a súa resiliencia.
En canto ao resto de galardoados, o premio IIAMA na categoría Tesis Doutoral foi para Iván Gabriel Martín polo seu traballo ‘Incorporation of Operational Variables in Stochastic Hydrological Dam Safety Analysis’, no que presenta unha metodoloxía para analizar a seguridade das presas. Na categoría de Traballo Fin de Máster/Grao’, o premio foi para Andrés Martínez Gómez polo traballo ‘Metodología para la evaluación de la peligrosidad de contaminación por derrames accidentales de hidrocarburos originados por explosiones profundas (blowout) en instalaciones offshore (Aplicación en el Mar del Norte)’.