Do 31 de outubro ao 12 de novembro celébrase en Glasgow (Reino Unido) a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP26). Esta Conferencia das Partes (COP polas súas siglas en inglés) é o órgano decisorio supremo da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC polas súas siglas en inglés), reúnese cada ano e o seu obxectivo é que os países adquiran compromisos reais para combater o cambio climático.
A Cop26 terá lugar tan só unhas semanas despois de que a Axencia Internacional da Enerxía advertise no seu informe World Energy Outlook 2021 de que os compromisos actualmente adquiridos polos países só suporían unha redución do 20% das emisións preciso para poñer ao mundo nun escenario de emisións cero en 2050. Para acadar ese camiño, continúa o estudo, sería necesario máis que triplicar a inversión en proxectos de enerxías limpas e infraestruturas na vindeira década.
Ante esta delicada situación, o presidente da COP26, Alok Sharma, advertiu aos países de que non vaian a Glasgow “a saír na foto ou montar unha tertulia”. “Non bastará cunha declaración de intencións para manter o quecemento global moi por debaixo dos 2º C e proseguindo os esforzos para limitalo a 1,5º, senón que farán falla compromisos e plans concretos”, subliñou Sharma durante un discurso no cuartel xeral da Unesco en París celebrado a principios de outubro.
O cambio climático convertéuse en, quizáis, o principal problema ao que se enfronta a humanidade, pero, realmente sabemos en qué consiste ou as consecuencias que terá se non logramos frenalo? Para arroxar luz sobre estas cuestións, aproveitando a celebración da COP26, o Centro de Documentación da Agua e o Medio Ambiente do Concello de Zaragoza vén de publicar unha guía de lectura sobre o cambio climático baixo o título ‘De cumbre a cumbre’. Ainda que se centra no seu fondo documental, a guía fai referencia a recursos que se poden atopar en internet e a libros moi accesibles que se poden atopar en librerías e en bibliotecas públicas.
No documento figuran monografías que analizan dun xeito xeral o cambio climático como os recentemente publicados ‘Aprender a vivir e a morrer no Antropoceno: Reflexións sobre o cambio climático e o fin dunha civilización’, de Roy Scranton; ou ‘O futuro por decidir: cómo sobrevivir ao cambio climático’, de Christiana Figuer.
‘De cumbre a cumbre’ tamén presenta obras de narrativa e ensaio como ‘A novela da auga’, de Maja Lunde; ou ‘Argonauta: Peripecias modernas entre o océano e o cambio climático’, de Pablo Rodríguez Ros. A guía tamén ten espazo para diferentes obras dirixidas á mocidade. É ocaso de ‘Ti puedes salvar o mundo’, de Ángela Green; ou do cómic ‘Chuvia’, de Brian Talbot. Por si esto fora pouco, o documento tamén ofrece recursos e ligazóns de interese que están á nosa disposición en Internet. Non vola perdades.