A Organización das Nacións Unidas para a Educación e a Ciencia e a Cultura presenta o Informe Mundial sobre o Desenvolvemento dos Recursos Hídricos 2020.
Enmarcado dentro doPrograma Mundial de Avaliación dos Recursos Hídricos, fundaméntase en analizar a xestión sostible dos recursos hídricos considerado esencial para cumprir a Axenda de Desenvolvemento Sostible 2030, así como adaptarse e mitigar o cambio climático por medio dunha xestión hídrica.
A Cátedra EMALCSA-UDC no seu marco de traballo procura avanzar no coñecemento das estratexias de xestión de auga urgano, danto un paso adiante dun modelo de colaboración científico-técnica que permita avanzar na definición de estratexias, e de metodoloxías, para a aplicación dos principios da xestión integrada do recurso auga en diferentes contextos xeográficos, sociais e económicos, desde a visión da sostenibilidade.
Ligazón ao “Informe Mundial das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento dos Recursos Hídricos 2020″