Dende a Cátedra Emalcsa-UDC comprácenos informarlles que en breve presentaranse os PREMIOS CÁTEDRA EMALCSA-UDC, dirixidos a estudantes ou graduados que presentasen o Traballo Fin de Grao ( TFG) e a estudantes ou titulados que presentasen o Traballo Fin de Máster ( TFM) en titulacións da Universidade da Coruña.
O obxectivo da convocatoria destes premios é fomentar o coñecemento e a reflexión sobre diferentes aspectos da xestión sustentable da auga na comunidade universitaria e, máis en concreto, nos estudantes que finalizan a súa etapa de formación.
¡¡¡¡ESTADE ATENTOS!!!!