O Premio Juana de Vega de intervencións na paisaxe xorde do convencemento de que a paisaxe é un elemento fundamental do patrimonio de calquera sociedade humana por incidir directamente no seu benestar físico e espiritual e por ser un recurso socio- económico de enorme potencial. Para poñer en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio, a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega convoca o Premio como recoñecemento a aquelas intervencións no patrimonio natural e construído que contribúan a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo.
No ano 2018 convócouse o Premio na categoría de VIVENDAS UNIFAMILIARES, acabadas entre os anos 2015 e 2017, que ten como obxecto recoñecer á mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen en Galicia.
Os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco, lograron coa sua Casa C no concello de Cee , dito galardón que concede a fundación Juana de Vega.
Asimismo outorgouse un accésit a Trespes Arquitectos polo seu proxecto “Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar en Elviña”
Dar a noraboa o noso colaborador Joan Creus.