O próximo 21 de xuño, no Salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, celebrarase unha xornada orientada ao desafío da sustentabilidade ambiental dos concellos galegos.
A crecente preocupación pola protección ambiental, é un dos obxectivos das Adminsitraciones Locais, en campos como a xestión de augas e de residuos, protección de patrimonio forestal ou a preservación da biodiversidade. Con esta xornada preténdese dar importacia a algún dos aspectos comúns na xestión ambiental das entidades locais e debater posibles actuacións para a súa solución e mellora.
Entre os conferenciantes está o director da Cátedra EMALCSA-UDC Joaquín Suárez, que formará parte na mesa redonda que tratará temas como as vías verdes, xestión hidrolóxica dos residuos e a preservación do chan rústico.
Presentación Joaquín Suárez: