O proxecto Bialac, desenvolvido por un consorcio liderado por Emalcsa, acadou un dos catro premios do concurso de Ecodiseño do Congreso Nacional do Medio Ambiente (CONAMA) 2020, en concreto, o que concedeu o público.
Bialac é un proxecto iniciado en 2018 que propón desenvolver un biomaterial a partir de soro lácteo e lodos urbanos. Este material poderiase empregar, por exemplo, para fabricar envases 100% biodegradables para alimentos. No seguiente vídeo explícase máis polo miúdo.
Financiado polo programa Conecta Peme da Axencia Galega de Innovación a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o proxecto Bialac é o resultado da colaboración dun consorcio liderado por Emalcsa no que tamén participan as empresas Abakal, Ecoplas e Innolact, así como os grupos de investigación da Universidade da Coruña, Bioengin e Grupo de Polímeros.
Os outros tres premiados no concurso de Ecodiseño Conama 2020 foron os seguintes: