O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) presentou o pasado xoves 25 de novembro na sede do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex) a nova versión do programa IBER, ferramenta vital para o cálculo de zonas inundables. Na mellora que supón esta versión, a 3.0, participou o Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (Geama) da Universidade da Coruña, grupo de investigación que forma parte do comité científico técnico da Cátedra Emalcsa-UDC. Xunto ao Geama colaboraron tamén os Institutos Flumen e Cimne, da Universidade Politécnica de Catalunya, o Laboratorio de Hidráulica do Cedex e outras universidades que se foron incorporando baixo el soporte do Miteco.
A actualización do programa IBER forma parte das actuacións de mellora do coñecemento recollidas nos Plans de Xestión do Risco da Inundación vixentes (PGRI) e dentro do Plan PIMA Adapta.
Como sinala o Miteco en su web, as novedades presentadas agrupanse nestas cinco liñas:
Na xornada técnica de presentación participou, en representación do Geama, Luis Cea Gómez, que falou sobre Hidroloxía e erosión de solos. Podedes ver a su intervención no vídeo do evento, a partires do minuto 44.