O Foro da Economía da Agua celebra o vindeiro 16 de xuño o III Conversatorio da Auga ‘Pola sustentabilidade da auga en Chile’, no que se tratará a importancia da participación da cidadanía na xestión da auga.
No evento expoñeranse experiencias exitosas en sistemas como o español ou o norteamericano e se prestará unha especial atención ao caso de Chile. Para iso analizarase o papel das organización de usuarios da auga (OUAs). Do mesmo xeito, poñerase especial énfase no que ao subministro de auga no medio rural se refire.
Na actualidade, ademáis, a participación dos ususariosen particular e dos cidadáns en xeral cobra especial relevancia na medida en que a dimensión ambiental da auga está cada vez máis presente. Na xestión ambiental, a participación cidadá resulta ainda máis importante e definitiva que noutros eidos da intervención pública.
Velaquí tendes toda a información, programa, poñentes e formulario de inscripción.