Investigadores del GEAMA implicados en el proxecto Co-UDlabs. De izquierda a derecha: José Anta, Joaquín Suárez, Jerónimo Puertas y Luis Cea.
O Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña, que forma parte do comité científico-técnico da Cátedra Emalcsa-UDC, presentará o vindeiro 13 de outubro o proxecto europeo Co-UDlabs. O Geama coordina esta iniciativa cuxo obxectivo é crear unha rede europea de laboratorios e grandes instalacións vencelladas á drenaxe urbana. Nela participan 9 socios de 7 países e 17 instalacións singulares para estudar os principais problemas relacionados cos sistemas de saneamento e drenaxe urbana. Para iso empregaránse tecnoloxías de intelixencia artificial (IA) e da Internet das cousas (IoT), que permitirán a dixitalización do sector da drenaxe. Ademais, analizaranse novas solucións de drenaxe sustentable que favorecerán o desenvolvemento de cidades máis verdes e amigables para os cidadáns.
O rexistro para asistir á presentación deste interesante proxecto realizase a través desta ligazón.
O profesor da UDC, José Anta, é o investigador principal deste proxecto financiado polo Programa H2020 da Unión Europea con 5 millóns de euros, dos que preto dun lle corresponde á Universidade da Coruña. Anta liderará un equipo do que tamén forma parte Joaquín Suárez, ex director da Catedra Emalcsa-UDC, Jerónimo Puertas e Luis Cea.
O proxecto desenvolverase en 17 instalacións experimentais únicas a nivel internacional. Entre elas atópanse laboratorios do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da UDC. Aquí, os membros da comunidade científica, o sector industrial e as administracións da auga urbana, poderán deseñar novas estratexias para reducir a contaminación vertida aos ríos e mares, reducir o risco das inundacións ou estudar o envellecemento das redes expondo novas alternativas para a súa reparación.
A UDC ofrecerá acceso aos investigadores aos dous grandes simuladores do CITEEC e á plataforma de ensaios con auga residual da EDAR Bens S.A, operada a través dun acordo de colaboración entre a universidade herculina, a empresa metropolitana EDAR Bens S.A, e Emalcsa. O traballo que terá lugar nestas instalacións permitirá analizar e desenvolver novas tecnoloxías para mellorar a resiliencia das cidades ante o cambio climático, implantar novas solucións de drenaxe baseadas na natureza ou reducir os efectos da contaminación orixinada nas nosas cidades.
Ademais da presentación do día 13 de autubro, o Co-UDLabs organizará os días 3 e 4 de novembro un workshop online no que varios operadores e empresas do sector da agua expoñerán casos prácticos e problemas reais para estudar os posibles xeitos de resolver/analizalos nos laboratorios do Co-UDlabs. Asimesmo, os días 23 e 25 de novembro celebrarase un hackaton online para facilitar a creación de equipos de traballo multisectoriais para aqueles interesados en preparar propostas de acceso que inclúan varios actores (academias, industria, pemes, operadores…).