A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinan un convenio de colaboración en materia de augas.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, veñen de asinar un convenio para estender ata o ano 2021 a súa colaboración no seguimento e control da calidade da auga na Demarcación Hidrográfica Galicia Costa, cun investimento de 3,1 millóns de euros.
Ambos departamentos cooperarán na análise e xestión das augas naturais.
Este acordo, que entrou en vigor o 1 de xaneiro e se prolongará durante dous anos, desenvolve con medios propios da Xunta os traballos de análise e xestión das redes de control definidas no Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica.
O Laboratorio de Medio Ambiente encargarase da toma de mostras, de analizalas e de facilitar periodicamente os resultados a Augas de Galicia, organismo competente na materia e que asumirá a dirección técnica das accións a realizar.