A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) detectou este mércores 23 de febreiro unha vertedura de gasóleo no río Mero. Por este motivo víuse obrigada a pechar a planta de potabilización da auga na Telva (Cambre) durante nove horas para evitar que as augas contaminadas entraran na rede de abastecemento da Coruña.
Emalcsa detectou a vertedura arredor das 14.30 horas nun lugar próximo a A Telva e pechou as instalacións da planta potabilizadora. Posteriormente denunciou a incidencia ao Eprona (Equipo de Protección da Natureza da Guardia Civil) e a Augas de Galicia, que confirmaron unha vertedura duns 15 litros vencellada a un camión, máis arriba da Telva, dirección presa de Cecebre. Foi entón cando os técnicos de Emalcsa valeiraron y limparon a planta potabilizadora para asegurar que os restos de hidrocarburos non chegasen á rede de abastecemento de auga á poboación. Asimesmo leváronse a cabo unha serie de accións no encoro de Cecebre para aumentar o caudal do río e acelerar deste xeito o efecto de lavado.
No proceso de toma de medidas de control da vertedura participaron investigadores que colaboran coa Cátedra Emalcsa-UDC, ademais do director desta e catedrático de Química da Universidade da Coruña, Moisés Canle. Todos eles aportaron o seu coñecemento para solucionar o problema, o que evidenciou a importancia de fomentar a colaboración entre ciencia e empresa para resolver situacións complexas do xeito máis axeitado.
Controlada a vertedura, Emalcsa comenzou un lento proceso de apertura da planta da Telva cun nuevo arranque, purgas e comprobacións continuas non so na planta, senón tamén en toda a rede de abastecemento. Asimesmo realizáronse análises da auga no laboratorio da Telva que confirmaron que a auga que chega aos hogares da Coruña e a súa área metropolitana cumpre cós parámetros de calidade establecidos pola lexislación e é apta para o consumo.
Horas despois do incidente o sistema de potabilización e abastecemento recuperaba a súa normalidade.