Dende a Cátedra Emalcsa-UDC comprácenos abrir a convocatoria e inscrición dos “I PREMIOS CÁTEDRA EMALCSA-UDC”.
Os premios diríxense a estudantes ou graduados que presentasen o Traballo Fin de Grao ( TFG) e a estudantes ou titulados que presentasen o Traballo Fin de Máster ( TFM) en titulacións da Universidade da Coruña, nos últimos 5 cursos académicos (2015/2016, 2016/2017, 2017/2018, 2018/2019 e 2019/2020)
O ámbito temático dos traballos desta convocatoria é “TRABALLO FINAL DE GRAO E TRABALLO FINAL DE MÁSTER VINCULADOS AO AUGA” . Nesta primeira convocatoria tomouse a decisión de establecer un marco moi aberto co fin de dar acollida ao maior número de traballos posible vinculados á auga.
Categorías e premios:
O xurado dos premios, tal e como se indica nas bases, estará composto por membros do Comité Asesor Científico Técnico da Cátedra. Os membros do xurado están pendentes de ser establecidos na reunión do Comité que se celebrará proximamente.
O prazo límite para a recepción de solicitudes para a inscrición é o 31 de outubro de 2020. (a entrega será obrigatoriamente por vía telemática).
Para máis información acerca das bases dos premios pódese consultar:
O proceso de inscrición realízase por vía telemática, por medio do formulario web que se presentará a continuación e no cal se deberá incluír o documento “Formulario Premios 2020” debidamente cumprimentado.
Para calquera consulta non dubide en contactar connosco: secretaria@catedraemalcsa.com