Skip to content Skip to footer

Miramos ao futuro en consonancia cos ODS.

A Cátedra é unha canle onde se dialogan entre os distintos actores do sistema de augas urbanas da Coruña. Co marco DUSA como elemento estratéxico, propóñense retos para que os diferentes axentes do ámbito da investigación e as empresas poidan propoñer as súas solucións.

Estes serán comunicados a través desta páxina web, e dos mecanismos internos de difusión da UDC, así como dos boletíns e comunicacións específicas da Cátedra, para que, de existir unha necesidade concreta, poidan desenvolver propostas concretas por parte dos investigadores e empresas interesadas.

Neste caso, a tramitación posterior será a mesma que a descrita para as axudas, coa única diferenza de que neste caso poderá haber máis dunha proposta e será o Comité Técnico Científico quen emita un informe sobre cal é o que mellor se adapte ao reto plantexado.a partir de criterios científicos. Este informe non vinculante servirá para que o director da Cátedra decida cal das propostas responde mellor aos requisitos da impugnación.

Piares básicos de DUSA a ter en conta no desenvolvemento dos retos:

Cambio climático

Participación social

Biodiversidade

Uso sustentable

Visión holística

Retos planteados:

Emalcsa#120,  retos que EMALCSA ten plantexados no marco do seu programa de Compra Pública Innovadora. Máis información aquí.

Plan AdO. Desenvolvemento de estudos de ictiofauna na contorna do encoro de Cecebre.

Plan ECAD. Deseño e implementación dun panel de cata para augas e estudo da calidade organoléptica da auga de A Coruña.

AquaLab. Deseño e desenvolvemento dun sistema de xestión documental usando o Design Thinking, de cara á definición das necesidades e demandas dos usuarios potenciais da ferramienta.