Skip to content Skip to footer
LÍNEA DE INVESTIGACIÓN

Plan ECAD, Excelencia na Calidade da Auga Distribuida

Coordinador: Dr. Moisés Canle.

Durante os últimos anos, EMALCSA vén recollendo unha serie de demandas, problemas e oportunidades relacionadas con diferentes aspectos do abastecemento de auga no medio urbano e que podemos resumir do seguinte modo:

Sensibilización cara ao consumo de auga da billa, mellorando a pegada de carbono aforrando plástico e reducindo o transporte.

Mellora das relacións en materia de xestión de infraestruturas e obras, mediante novas estratexias e técnicas vinculadas ás infraestruturas verdes e á coordinación dos servizos municipais.

Mellora da medición da auga consumida, como mecanismo de implicación social para mellorar o uso da auga.

Incorporación de novas tendencias no uso da auga relacionadas coa reutilización (augas grises, pluviais, …), co principio de calidades diferentes para os distintos usos.

anillo-burbujas-asciende-sol-agua_2
water splash and water drop, Abstract 3d polygonal wireframe airplane on blue night sky with dots and stars. illustration or background

Todos estes elementos son a base conceptual do marco DUSA, co que a Cátedra deseña este plan como unha iniciativa para afondar na análise e estudo do sistema de distribución para a mellora da calidade percibida, incluíndo neste ambos os dous aspectos da calidade da auga, propiamente dita, así como o servizo prestado en todas as súas acepcións.

Actividades

Visor de incidencias da calidade da auga subministrada (2013-2022).
Panel de control de Calidade da Auga (2019-2021).
Panel de control de Calidade da Auga (2022-2024).

Outros proxectos relacionados

ECOINNOVACIÓN

(2016-2018)

Documentación

Proxectos
80

Memorias, informes e análise.

Proxectos en curso
80

Estudos, seguimentos e mostraxes.

Se queres consultar os documentos relacionados cos proxectos, inicia sesión.