Este domingo 5 de marzo celebrouse na Casa da Auga o acto de entrega dos premios do X Certame de Debuxo da Natureza ‘Vida Silvestre do encoro de Cecebre’, concurso que organiza o Grupo Naturalista Hábitat, que promove Emalcsa e que, nesta edición, tiña como tema ‘As beiras do encoro’.
Numeroso público acudiu a presenciar o evento, que contou coa presenza de Esther Fontán, terceira tenente da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade do concello coruñés; Dani Mallo, concelleiro de Deportes, Xuventude e Cultura do Concello de Cambre; Ricardo Ferreiro, presidente do Grupo Naturalista Hábitat; Jorge Blanco, xerente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (entidade colaboradora do certame); Calros Silvar, ilustrador; e Ricardo Vázquez, director do área de I+D+i de Emalcsa.
Laura Vigo Díaz recibiu o primeiro premio (150 euros e diploma acreditativo) na categoría de maiores de 14 anos grazas a un debuxo da especie Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum). O segundo premio (100 euros e diploma) foi para Xulia García Pintos pola súa obra ‘Tritón palmado’ (Lissotriton helveticus). Ángela Camila Saura Cubeiro foi terceira (50 euros e diploma) pola súa ilustración da especie Menta de Auga (Mentha aquatica), que titulou ‘Violette’.
Na categoría de maiores de 14 anos premiáronse tamén 12 obras máis en cada unha das especies susceptíbeis de debuxar segundo as bases do certame. Todos os autores, ademais dos tres gañadores citados anteriormente, recibiron diferentes agasallos e produtos das entidades organizadoras e colaboradores do concurso. Estas son as obras:
- Helichrysum luteo-album (Picanceira) de Aida Muiños Cánive.
- Typha latifolia (Espadana maior) de Silvia Blanco Ternande.
- Lythrum salicaria (Salgueiriña) de Sandra Robles López.
- Hirudo medicinalis (Sambesuga) de Lara Carballal Meseguer.
- Vanessa virginiensis (Feiticeira da Virxinia) de Eileen Parada Bojorge.
- Erythromma viridulum (Donceliña de ollos vermellos) de Susana Varela Rey.
- Egretta garzetta (Garzota) de Isabel Seoane Mirás.
- Actitis hypoleucos (Bilurico das rochas) de Lucía Roig Lago.
- Anas crecca (Cerceta) de Sara Barral Martín.
- Motacilla alba (Lavandeira branca) de Diana Sofía Mato Nieto.
- Sus scrofa (Xabaril) de José Manuel Bretón Pardo.
- Rattus norvegicus (Rata común) de Adriana Bellunghi Candal.
O xurado deixou deserto o premio na especie Salix atrocinerea (Salgueiro.)
Na categoría de menores de 14 anos recibiron galardóns 15 rapaces polos seguintes debuxos:
- Mentha aquatica (Menta da auga) de Santiago Vidal Suárez.
- Salix atrocinerea (Salgueiro) de Carla González Vázquez.
- Typha latifolia (Espadana maior) de Pepa Vazquez Suárez.
- Lythrum salicaria (Salgueiriña) de Sophia Contreras García.
- Hirudo medicinalis (Sambesuga) de Adria No Núñez.
- Vanessa virginiensis (Feiticeira da Virxinia) de Marina Aymerich.
- Erythromma viridulum (Donceliña de ollos vermellos) de Bruno Arias Villaverde.
- Sympetrum sanguineum (Lavacú sanguiño) de Bárbara Enríquez Castro.
- Lissotriton helveticus (Tritón palmado) de Teo Souto Tasende.
- Egretta garzetta (Garzota) de Claudia Gacen Menéndez.
- Actitis hypoleucos (Bilurico das rochas) de Valentina Rodríguez Penela.
- Anas crecca (Cerceta) de África Louzao Montes.
- Motacilla alba (Lavandeira branca) de Martina Herbon Telias.
- Sus scrofa (Xabaril) de Marta Diéguez Díaz.
- Rattus norvegicus (Rata común) de Carla Diéguez Díaz.
Nesta categoría o xurado optou por deixar deserto o premio na especie Helichrysum luteo-album (Picanceira).
A X edición deste certame volveu ser un éxito de participación. Presentáronse un total de 213 ilustracións elaboradas por 162 participantes. Na categoría de maiores de 14 anos achegáronse 154 debuxos de 120 participantes e na de menores de 14, 51 de 42 participantes.
Os 213 debuxos poderán verse na sala de exposicións virtual de Emalcsa próximamente, ainda que xa podedes gozar delas na web do Grupo Naturalista Hábitat. Tamén tedes máis fotos do acto de entrega de premios no Facebook de Emalcsa.