Coawa abriu este 23 de setembro o prazo para se inscribir nas actividades de divulgación que compoñen a súa oferta formativa para o curso 2024/25, dirixida aos centros educativos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, concellos que se abastecen da auga que procede da conca do río Mero. O prazo que teñen estes centros para se inscribir remata o 23 de outubro, ainda que é recomendable realizar a inscrición canto antes xa que algunhas das actividades teñen prazas limitadas.
A oferta formativa de Coawa, da que tedes máis información aquí, componse das seguintes actividades:
1) Visitas á ETAP da Telva e á contorna do río Mero.
- Cursos aos que van dirixidas: 5º e 6º de primaria, ESO, bacharelato e FP.
- Horario das visitas: de 10.00 a 13.00 horas.
- Nº de participantes: cada visita (de 3 horas) está preparada para dous aulas (50 alumnos) que se intercambian.
- Datas: do 1 de marzo ao 31 de maio.
- Centros educativos participantes: centros dos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
- Ligazón ao programa
2) Rutas Naturalistas pola contorna de Cecebre.
- Cursos aos que van dirixidas: 3º e 4º de primaria e toda a ESO.
- Horario das visitas: de 10.00 a 13.00 horas.
- Nº de participantes: cada visita (de 3 horas) está preparada para 60 alumnos.
- Datas: del 1 de marzo ao 31 de maio.
- Centros educativos participantes: centros dos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros y Sada.
- Ligazón ao programa.
3) Concurso formativo A auga non para.
- Cursos aos que vai dirixido: 5º e 6º de primaria.
- Duración do obradoiro na aula: 50′.
- Nº de participantes: inscricións por aulas individuais.
- Datas: do 13 de xaneiro ao 28 de febreiro.
- Centros educativos participantes: centros dos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
- Ligazón ao programa.
O prazo que teñen estes centros para se inscribir remata o 23 de outubro, ainda que é recomendable realizar a inscrición canto antes xa que algunhas das actividades teñen prazas limitadas.
No curso 2023/24 máis de 11700 persoas participaron nalgunha das actividades de divulgación de Coawa que, deste xeito, sitúase como unha comunidade de referencia no que respecta á divulgación medioambiental vencellada á auga.
4) Concurso formativo Debuxando a natureza.
- Cursos aos que vai dirigido: educación infantil e primaria.
- Nº de participantes: inscricións por aulas individuais.
- Datas: realización do mural dende o 1 de febreiro até o 30 de abril.
- Centros educativos participantes: centros dos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
- Ligazón ao programa.
Coa posta en marcha desta oferta formativa, Coawa, iniciativa impulsada pola Cátedra Emalcsa-UDC, redobla o seu compromiso coa comunidade educativa e co obxectivo de achegar á sociedade, en especial aos máis novos, a importancia do mundo da agua dende unha visión integrada co medioambiente e as persoas.