Skip to content Skip to footer

Moisés Canle, director da Cátedra Emalcsa-UDC: «O principal que debe facer unha Cátedra deste tipo é transferir á sociedade o coñecemento que temos, neste caso en relación coa necesidade de protexer o medio»

Co gallo do Día Mundial da Auga que se celebra este 22 de marzo, o director da Cátedra Emalcsa-UDC, Moisés Canle, subliña nunha entrevista realizada no marco do programa Coawa impulsado pola Cátedra Emalcsa-UDC e que reproducimos deseguido, a calidade da auga que consumimos na Coruña e a súa contorna, así como a importancia que a divulgación e o programa Coawa teñen na Cátedra. Así mesmo, Moisés Canle opina sobre os costumes dos consumidores ou os retos futuros no que respecta á xestión do recurso.

Poucos cidadáns coñecen a gran calidade da auga da que dispoñemos na Coruña. É recomendable o consumo de auga da billa no noso caso? que beneficios aporta á nosa saúde?

A auga da billa na Coruña é unha auga de gran calidade e é perfectamente recomendable, no sentido de que é unha auga blanda e cunhas características físico-químicas que fan que sexa moi recomendable para todo tipo de usos e para o consumo, por suposto.

Neste caso, qué factores determinan que sexa de alta calidade?

Tendo en conta os chamados parámetros indicadores da calidade da auga si que o é, é unha auga de gran calidade porque cumpre cos estándares máis elevados.

Por outra banda, dende o punto de vista da presenza de substancias disolvidas que podan ser potenciais contaminantes, as concentracións que aparecen na nosa área da Coruña son moi baixas e iso garante a calidade da auga.

Ademais, por estudos realizados pola Cátedra Emalcsa-UDC, sabemos que na conca do Mero-Barcés, que é a conca que nos sirve auga a todos, temos unha abundancia de flora e fauna que é un indicador claro da calidade da auga que da soporte a esas especies.

En que poden influir as actividades que o ser humano realiza na calidade da auga que bebemos?

Calquera que se desprace ao encoro de Cecebre, que é do que nos nutrimos, pode pensar que aquelo é unha masa de auga inmensa pero non é tan grande, nin tampouco é unha masa de auga tan profunda.

É un sistema delicado, é dicir, hai que ter moito coidado co que acontece augas arriba do encoro para non desestabilizar o equilibrio deste ecosistema.

Estou totalmente convencido de que case todos os nosos comportamentos teñen que ser modificados en relación á agua. Cando nos desprazamos a un medio natural que ten un curso de auga deberiamos tratalo co máximo respecto, cousa que non acontece

Por exemplo, para que non entre en procesos de abundancia de determinadas substancias disolvidas que non serían desexables, ou de falta de oxíxeno ou de blooms de microalgas (que son explosións repentinas da poboación de determinadas microalgas) ou doutras especies que podan vivir alí como son os peixes.

Nada diso é desexable e para que nada diso aconteza temos que ter moito coidado con todo o que facemos augas arriba do encoro.

Cales son as substancias/compoñentes máis prexudiciais ou máis difíciles de eliminar que atopamos nas augas residuais?

Pois podemos ter contaminacións puntuais por unha vertedeura ou podemos ter unha contaminación difusa. A contaminación difusa é moito máis complexa e se pode estar producindo constantemente e poder ter orixe en actividades agrarias, gandeiras ou incluso en actividades humanas.

Fundamentalmente o que podemos atopar son substancias de orixe agroquímica, que se usan para o control de malas herbas ou insectos, por exemplo. Podémonos atopar tamén fármacos usados en gandería ou en mediciña humana e podémonos atopar tamén substancias de orixe industrial.

Existen prácticas ou comportamentos humanos en relación á auga que sexa preciso modificar para asegurar un mellor futuro na xestión? Como cree que inflúe a divulgación nisto?

Estou totalmente convencido de que case todos os nosos comportamentos teñen que ser modificados en relación á auga. Cando nos desprazamos a un medio natural que ten un curso de auga deberiamos tratalo co máximo respecto, cousa que non acontece.

Pasa tanto en actividades de ocio como en actividades de tipo industrial ou na nosa vida diaria se é que vivimos preto de cursos de auga.

Para nós está normalizado que abrimos a billa e sae un auga que podemos utilizar pero na meirande parte do planeta esto non é así. Lamentablemente vai chegar un momento, e se seguimos así non vai tardar moito en chegar, no que a auga que imos ter vai plantexar moitos problemas.

Probablemente teremos solucións para eses problemas pero esas solucións terán un custo económico e ese custo económico ímolo acabar pagando nós. Será aí cando tomemos conciencia de que ter unha auga insalubre non compensa.

Sempre que pensamos en transferir coñecemento pensamos en cousas moi sesudas ou difíciles de entender. E iso está moi ben, pero tamén está moi ben transferir a necesidade de respecto ao medio natural e a importancia de cumprir cuns valores en relación a todo o que nos arrodea

Como cre que a divulgación pode influir en todo esto?

A divulgación é fundamental. Se queremos que a xente entenda os problemas que temos hay que explicarllos. E iso é o que implica divulgar e a clave está en divulgar entre os máis pequenos.

Os comportamentos familiares fundamentalmente os modifican os nenos. Si os convences de nenos serán uns adultos que xa respecten certas normas e chegarán a influir nos seus pais e as súas familias para que modifiquen certos comportamentos que non son axeitados.

Pódese dicir que a divulgación é unha vía que materializa o compromiso social que ten a Cátedra?

Eu creo que é unha das mellores vías. O principal que debe facer unha Cátedra deste tipo é transferir á sociedade o coñecemento que temos, neste caso en relación coa necesidade de protexer o medio.

Porque sempre que pensamos en transferir coñecemento pensamos en cousas moi sesudas ou difíciles de entender. E iso está moi ben, pero tamén está moi ben transferir a necesidade de respecto ao medio natural e a importancia de cumprir cuns valores en relación a todo o que nos arrodea.

E Coawa é un exemplo moi claro de cómo facer esto.

Podes consultar aquí, en vídeo, todo o contido desta entrevista.