Skip to content Skip to footer

Máis de 1200 alumnos da Coruña e a súa área metropolitana coñeceron o valor ecolóxico de Cecebre no curso 2023/24 grazas á actividade Rutas na Natureza enmarcada no programa Coawa

Rutas na Natureza, actividade enmarcada na oferta formativa de Coawa, contou cunha participación de 1275 alumnos da Coruña e a súa área metropolitana no curso 2023/24.

Esta ruta interpretativa achega aos alumnos á contorna protexida do encoro de Cecebre para que coñezan, a través dunha visita experiencial que dirixen profesionais naturalistas do equipo Coawa, a riqueza ecolóxica do encoro e comprendan o papel fundamental que este enclave xoga na conservación da calidade da auga que se consume na Coruña e a súa contorna.

Rutas na Natureza contribúe ao obxectivo de Coawa e a Cátedra Emalcsa-UDC de aportar coñecemento á sociedade e mellorar a relación que esta ten coa agua, sempre coa sostibilidade como guía. Nesta liña manifestáronse os profesores que participaron este curso en Rutas na Natureza: «Este tipo de actividades poñen aos alumnos en contacto coa realidade e axudan a fixar conceptos que doutro xeito sería máis complicado fixar. Por non falar dos beneficios de saír do aula e estar en contacto coa natureza. Con todo isto acádase unha aprendizaxe real e experiencial. Ademais é un luxo contar con profesionais naturalistas cun gran coñecemento para desenvolver esta actividade. Sería imposible para nós realizar este tipo de actividades doutro xeito».

A oferta formativa de Coawa contou este curso cunha participación de 11400 alumnos da Coruña e a súa área metropolitana.

«Con todo isto acádase unha aprendizaxe real e experiencial. Ademais é un luxo contar con profesionais naturalistas cun grande coñecemento para desenvolver esta actividade. Sería imposible para nós realizar este tipo de actividades doutro xeito», apuntan os profesores que participaron este curso en Rutas na Natureza