Laura Vigo Díaz, cun debuxo da especie Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum), acadou, na categoría de maiores de 14 anos, o primeiro posto do X Certame de Debuxo da Natureza ‘Vida Silvestre do encoro de Cecebre’ que organiza o Grupo Naturalista Hábitat da man de Emalcsa. Xulia García Pintos, coa obra ‘Tritón palmado’ (Lissotriton helveticus), finalizou na segunda posición e Ángela Camila Saura Cubeiro na terceira grazas á súa obra Violette, na que debuxa a especie Menta de Auga (Mentha aquatica). Os premiados recibirán unha dotación económica de 150, 100 e 50 euros, respectivamente.
Como sinala o Grupo Naturalista Hábitat na súa web na categoría de maiores de 14 anos houbo 12 obras gañadoras máis en cada unha das especies que se podían debuxar segundo as bases do certame. Foron as seguintes:
- Helichrysum luteo-album (Picanceira) de Aida Muiños Cánive.
- Typha latifolia (Espadana maior) de Silvia Blanco Ternande.
- Lythrum salicaria (Salgueiriña) de Sandra Robles López.
- Hirudo medicinalis (Sambesuga) de Lara Carballal Meseguer.
- Vanessa virginiensis (Feiticeira da Virxinia) de Eileen Parada Bojorge.
- Erythromma viridulum (Donceliña de ollos vermellos) de Susana Varela Rey.
- Egretta garzetta (Garzota) de Isabel Seoane Mirás.
- Actitis hypoleucos (Bilurico das rochas) de Lucía Roig Lago.
- Anas crecca (Cerceta) de Sara Barral Martín.
- Motacilla alba (Lavandeira branca) de Diana Sofía Mato Nieto.
- Sus scrofa (Xabaril) de José Manuel Bretón Pardo.
- Rattus norvegicus (Rata común) de Adriana Bellunghi Candal.
O xurado deixou deserto o premio na especie Salix atrocinerea (Salgueiro.)
Pola súa banda, na categoría de menores de 14 anos, estas foron as 15 obras premiadas:
- Mentha aquatica (Menta da auga) de Santiago Vidal Suárez.
- Salix atrocinerea (Salgueiro) de Carla González Vázquez.
- Typha latifolia (Espadana maior) de Pepa Vazquez Suárez.
- Lythrum salicaria (Salgueiriña) de Sophia Contreras García.
- Hirudo medicinalis (Sambesuga) de Adria No Núñez.
- Vanessa virginiensis (Feiticeira da Virxinia) de Marina Aymerich.
- Erythromma viridulum (Donceliña de ollos vermellos) de Bruno Arias Villaverde.
- Sympetrum sanguineum (Lavacú sanguiño) de Bárbara Enríquez Castro.
- Lissotriton helveticus (Tritón palmado) de Teo Souto Tasende.
- Egretta garzetta (Garzota) de Claudia Gacen Menéndez.
- Actitis hypoleucos (Bilurico das rochas) de Valentina Rodríguez Penela.
- Anas crecca (Cerceta) de África Louzao Montes.
- Motacilla alba (Lavandeira branca) de Martina Herbon Telias.
- Sus scrofa (Xabaril) de Marta Diéguez Díaz.
- Rattus norvegicus (Rata común) de Carla Diéguez Díaz.
Nesta categoría o xurado optou por deixar deserto o premio na especie Helichrysum luteo-album (Picanceira).
Nos vindeiros días comunicarase a data do acto de entrega de premios deste certame que, despois de dos anos no que non se puido celebrar a causa da pandemia, volverá ser presencial.
A X edición do Certame de Debuxo da Natureza ‘Vida Silvestre do encoro de Cecebre’ volveu ser, un ano máis, todo un éxito de participación. Así, se presentaron un total de 213 ilustracións elaboradas por 162 participantes. Na categoría de maiores de 14 anos achegáronse 154 debuxos de 120 participantes. Na de menores de 14, 51 de 42 participantes.