A Cátedra ten unha clara intención multidisciplinar, polo que está adscrita á VICERREITORIA DE INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA. Deste xeito está operativa en todo o ámbito de coñecemento da UDC.
A Cátedra EMALCSA-UDC conta cun modelo de goberno adaptado á súa finalidade de acadar os ambiciosos obxectivos desenvolvidos durante a súa primeira fase (2017-2020), baixo a dirección do doutor Joaquín Suárez, quen levou a cabo e estableceu o marco DUSA, que posteriormente no periodo 2021-2024 acabou de asentar o Dr. Moisés Canle coa introdución das liñas de investigación e o programa de divulgación COAWA.
ÓRGANOS DE PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA
Para a planificación de actividades e control.
Dirección Cátedra
Ostenta a máxima representación da Cátedra e é a derradeira responsable de todas as actuacións, incluída a económica, sobre os recursos asignados á Cátedra tanto desde EMALCSA como dende a UDC ou de terceiros que colaboren. A competencia no nomeamento do director é da UDC, quen nomeou en marzo de 2024 ao profesor titular da área de Ecoloxía da Universidade da Coruña, Sergio Rodríguez Roiloa.
Secretaría e xestión
Actividades auxiliares desenvolvidas pola FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA, entidade da UDC que presta servizos de control económico, seguimento de proxectos e secretaría.
Gabinete de comunicación
Responsable da comunicación institucional, a xestión das redes sociais, o portal WEB, os boletíns de comunicación e a relación coa prensa.
Comité de seguimento
É o órgano de supervisión e control das actividades da Cátedra de acordo co regulamento das Cátedras.
Coordinadores liña de investigación
A cátedra distribúe a súa actividade investigadora en plans que agrupan iniciativas de organización da investigación e que están liderados por investigadores de recoñecido prestixio.
Comité Científico-Técnico (CCT)
Órgano colexiado, creado especificamente nesta cátedra, e que está destinado a garantir a calidade e orientación das actividades, así como a promover as relacións internas entre colectivos e centros da UDC, recoller demandas. de EMALCSA para a súa configuración como proxectos específicos dentro dos diferentes programas abertos e promover a difusión e coñecemento das actividades.
O comité ten unha composición variable, e na actualidade conta con 13 membros:
- 9 representantes de diferentes ámbitos de coñecemento da UDC, seleccionados polo Director da Cátedra para cubrir o ámbito de necesidades das actividades da Cátedra.
- 4 técnicos das principais áreas de actividade de EMALCSA, que representan os distintos ámbitos de coñecemento da empresa e canalizan as actividades a outros niveis, seleccionados pola Dirección Xeral da Empresa.
ORGANOS DE XESTION E PLANIFICACION OPERATIVA
ORGANIZACIÓN
Os diferentes órganos de goberno funcionan de acordo co esquema adxunto, onde se integra a estratexia de traballo en materia de I+D+i, e establece dous tipos de actuacións, institucionais, fundamentalmente relacionadas coa difusión e a promoción, e acción de I+D+i, na que se integran as liñas estratéxicas establecidas mediante plans, xunto coas infraestruturas de investigación que se foron creando ao longo dos anos no ámbito da relación entre EMALCSA e a UDC.