Skip to content Skip to footer
CÁTEDRA EMALCSA-UDC

Unha canle entre a universidade e a empresa.

A Cátedra ofrece unha contorna para o desenvolvemento de prácticas curriculares relacionadas cos sistemas urbanos de auga dende unha perspectiva ampla. Temos un convenio de colaboración a través da Fundación Universidade da Coruña para implementalas.

Se tes intención de desenvolver as túas prácticas nunha empresa vinculada a este sector nalgunhas das liñas desenvolvidas pola Cátedra, ponte en contacto connosco e facilitarémosche o teu desenvolvemento.

Envíanos a túa solicitude a secretaria@catedraemalcsa.es, facendo referencia a “prácticas curriculares” na materia, e porémonos en contacto contigo.