O domingo 4 de marzo celebrouse na Casa da Auga o acto de entrega do XI Certame de Debuxo da Natureza ‘Vida Silvestre do encoro de Cecebre’, unha iniciativa desenvolvida polo Grupo Naturalista Hábitat da man da Cátedra Emalcsa-UDC (no marco do seu programa Coawa), e coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Foi numeroso o público que se deu cita na Casa da Auga para asistir á entrega de premios. Na categoría de maiores de 14 anos resultou gañadora Ángela Fraga García cunha ilustración do Limax maximus (Lesma leopardo). Ángela recibiu o diploma que a acredita como gañadora nesta categoría de mans de Noemí Díaz Vázquez, concelleira de Medio Ambiente do Concello da Coruña. O segundo posto foi para Ainara Naveira Carballo cun debuxo da Colletes hederae (Abella da Hedra). Ricardo Ferreiro, presidente do Grupo Naturalista Hábitat, entregoulle o seu diploma. Por último, Lucía Martelo García, cunha ilustración da Amanita muscaria (Rebentabois), foi terceira e recibiu o seu galardón de mans de Ricardo Vázquez, director de I+D+i de Emalcsa. Ademais dos seus diplomas, os tres primeiros clasificados recibiron 150, 100 e 50 euros, respectivamente, e diferentes agasallos. Na entrega de galardóns tamén estivo presente José Antonio Santiso, presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Nesta categoría de maiores de 14 anos premiáronse 10 obras más correspondentes aos gañadores/as na súa especie.
- Lorena López Antelo: Quercus pyrenaica (Cerquiño).
- Candela Barbero Villar: Crocus serotinus (Tollemerendas).
- Marta Alvarez Lopez: Hedera hibernica (Hedra femia).
- Adriana Bellunghi Candal: Vanessa atalanta (Feiticeira común).
- Kobba Martinez Abad: Macrothylacia rubi (Avelaíña raposo).
- Ana Ordóñez Otero: Zoropsis spinimana (Araña de pés espiñosos).
- Elisa Grande García: Lissotriton boscai (Pintafontes común).
- Mª Isabel González Díaz: Luscinia svecica (Papoazul).
- Mariña Aparicio Castro: Platalea leucorodia (Cullereiro).
- María Carmen Maceiras Freire: Limosa limosa (Mazarico de rabo negro).
O xurado deixou desertos os premios nas especies Blechnum spicant (Fenta), Spiranthes spiralis (Estrangurria do outono) e Oryctolagus cuniculus (Coello bravo).
Menores de 14 anos
Na categoría de menores de 14 anos estes foron os 14 gañadores en cada especie:
- Rodrigo Vidal Suárez: Amanita muscaria (Rebentabois).
- Zoe Méndez Martín: Quercus pyrenaica (Cerquiño).
- Alexia Castro Riádigos: Blechnum spicant (Fenta).
- Claudia Vázquez Carballeira: Crocus serotinus (Tollemerendas).
- Fátima Colino Chapa: Spiranthes spiralis (Estrangurria do outono) .
- Martina Valerio Tena: Colletes hederae (Abella da hedra).
- Carmen Cernadas Otero: Vanessa atalanta (Feiticeira común).
- Brais Rey Perez: Macrothylacia rubi (Avelaíña raposo).
- Mariana Cillero Maneiro: Limax maximus (Lesma leopardo).
- Elba Cebral Rivas: Zoropsis spinimana (Araña de pés espiñosos).
- Matías Sanluis Rodríguez: Lissotriton boscai (Pintafontes común).
- Sabela Fernandez Souto: Luscinia svecica (Papoazul).
- Sainza Maceiras Villarino: Platalea leucorodia (Cullereiro).
- Santiago Vidal Suárez: Oryctolagus cuniculus (Coello bravo).
Todos eles recibiron un lote de agasallos.
Nas vindeiras semanas todas as obras presentadas ao certame poderanse visitar na sala de exposicións virtual de Emalcsa.