Skip to content Skip to footer

Aberta a convocatoria dos IV Premios Cátedra Emalcsa-UDC, aos que poderán optar estudantes que defenderan os seus TFM vencellados á auga en titulacións da UDC nos cursos 22/23 ou 23/24

Este 1 de outubro abriuse o prazo para enviar candidaturas aos IV Premios Cátedra Emalcsa-UDC. Poderán optar a eles os estudantes que defenderan con éxito o seu Traballo Fin de Máster (TFM), relacionado coa auga, en titulacións da Universidade da Coruña nos cursos académicos 2022/2023 ou 2023/2024.

A temática dos traballos presentados deberá ter relación cos sistemas de auga urbana e deberá estar enmarcada no ámbito DUSA (Desenvolvemento Urbano Sensible á Auga), cuxo obxectivo é integrar os elementos do sistema de auga urbano co desenvolvemento urbano e a xestión da conca fluvial en pos de maximizar os beneficios económicos, sociais e ambientais. Os traballos poden abarcar temáticas diversas, dende a auga en orixe até o consumidor, incluíndo estudos ecolóxicos, caracterizacións fisicoquímicas, sistemas de distribución, avances tecnolóxicos, ou percepción social, entre outros.

O premio ao mellor Traballo Fin de Máster terá unha dotación económica de 1000 euros. Así mesmo poderánse conceder até dous accésit de 500 euros se o xurado así o considera.

O xurado, cuxa composición anunciarase antes do peche da convocatoria, estará formado por membros do Comité Científico-Técnico da Cátedra Emalcsa-UDC.

Como en edicións anteriores, a presentación de traballos realizarase por medio deste formulario web. A data límite para o envío de candidaturas será o 30 de novembro.

Velaquí podedes consultar as bases destes IV Premios Cátedra Emalcsa-UDC.