A primeira fase do programa formativo A auga non para, enmarcado no proxecto Coawa que impulsa a Cátedra Emalcsa-UDC, rematou o xoves 29 de febreiro cunha participación de 990 alumnos da Coruña e a súa área metropolitana. Os catro equipos que acadaron maior puntuación no desenvolvemento dos obradoiros na aula clasificáronse para a fase final do concurso, que se celebrará o 22 de marzo, Día Mundial da Auga, na sede da Cátedra Emalcsa-UDC (Casa da Auga).
Os equipos que competirán polo premio na final son:
- 6º de Educación Primaria do CEIP Emilio González López (Cambre).
- 6º de Educación Primaria do Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña).
- 5º de Educación Primaria do Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña).
- 6ºC de Educación Primaria do CEIP Arteixo (Arteixo).
A auga non para nace no ano 2017, en colaboración coa Reserva da Biosfera-Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, para achegar ao alumnado de 5º e 6º de Primaria a importancia de coñecer e preservar a nosa relación coa agua.
Este programa forma parte da oferta formativa que Coawa, a comunidade da auga, proxecto impulsado pola Cátedra Emalcsa-UDC, pon a disposición dos alumnos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
A través deste obradoiro na aula, os alumnos aprenden conceptos básicos sobre o ciclo integral da agua na Coruña e participan nun xogo de preguntas e respostas por equipos. Sobre un taboleiro que representa a conca do río Mero, van avanzando coas súas respuestas correctas.
A auga non para ofrece ao alumnado a posibilidade de coñecer os procesos vencellados á xestión da auga urbana dende unha visión vinculada ao noso territorio. Ademais, contribúe á formación dos máis novos en aspectos fundamentais como o fomento da escoita activa, o traballo en equipo ou as habilidades comunicativas.