O vindeiro xoves, 12 de decembro, a Cátedra Emalcsa-UDC presentará na Sala Nautilus da Domus os resultados das investigacións que realizou entre 2021 e 2024. No evento diferentes investigadores da Universidade da Coruña que colaboran coa Cátedra amosarán as conclusións dos traballos desenvolvidos nese periodo no marco das principais liñas de investigación da Cátedra: Plan AdO (Auga dende a Orixe), Plan Ecad (Excelencia na Auga Distribuida) e AquaLab (Mellora Dixital do Sistema Urbano de Augas).
A inscrición (neste enlace) é libre ata completar o aforo.
Velaquí o programa da xornada.
— 9:00-9:30. Recepción de asistentes.
— 9:30-9.45. Apertura da xornada.
- Ricardo Cao Abad, reitor magnífico da Universidade da Coruña.
- Roi Fernández Añón, director de Augas de Galicia, Xunta de Galicia.
- Yoya Neira Fernández, concelleira de Medio Ambiente do Concello da Coruña.
- Jaime Castiñeira de la Torre, director xeral de EMALCSA.
- Sergio Roiloa, director da Cátedra EMALCSA-UDC.
— 9:45-10:00. A Cátedra EMALCSA-UDC, sete anos de colaboración universidade-empresa para mellorar a xestión da auga. Ricardo Vázquez, director I+D+i de EMALCSA.
— 10:00-11:00. Resultados de Investigación Plan AdO. Limnoloxía.
- José Luis Cereijo. Seguimento de parámetros de calidade da auga na bacía do río Mero.
- Rafael Carballeira. Seguimento do fitoplancton no encoro de Cecebre-Abegondo.
- Jordi Delgado. Avaliación de sedimentos e estado do encalco da Telva (Cambre).
- Moisés Canle. Contaminantes emerxentes e microplásticos na bacía do Mero-Barcés e no abastecemento da Coruña.
— 11:00-11:30. Resultados de Investigación Plan AdO. Ecoloxía.
- Manel Leira. Bioindicadores: a vexetación acuática desvela a saúde ecolóxica dos ríos Mero e Barcés.
- Alejandro M. Abraín. A distribución da toupa de auga (Galemys pyrenaicus) na bacía do río Mero. como bioindicadora da constancia de caudal ao longo do ano hidrolóxico.
— 11:30-12:00. Pausa-café.
— 12:00-12:45. Resultados de investigación Plan ECAD e AquaLab.
- Ricardo Juncosa. Monitorización e seguimento dos parámetros físico-químicos da auga da rede de distribución nun panel de tubaxes.
- Hector Quintián. Dixitalización e optimización en redes de distribución de auga: MEDUSA#4.
- Joaquín Suárez. Unha proposta para a análise de solucións de saneamento no medio rural con poboación dispersa. O caso de Carral.
— 12:45-13:00. Carlos Amoedo. Convenio de colaboración: avaliación e recomendacións do sistema de xestión da auga urbano para a cidade de Santiago de Compostela.
— 13:00-13:45. Mesa redonda. A I+D+i no ámbito da auga urbana en Galicia. Modera: Jerónimo Puertas, Vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña.
- Aqualia
- Viaqua/Cetaqua
- Espina&Delfin
- Gestagua
- CRETUS (USC)
— 13:45-13:50. Balance e futuro da Cátedra. Moisés Canle e Sergio Roiloa, directores da Cátedra EMALCSA-UDC no período 2021-2024.
— 13:50-14:00. Peche da xornada. Jerónimo Puertas, vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña.
— 14:00-14:30. Petisco.