Instalacións científicas
Froito do traballo e colaboracións realizados por EMALCSA e a UDC nos últimos anos no marco de diferentes proxectos de I+D+i, construíronse unha serie de instalacións científicas que supoñen un excelente entorno colaborativo para as iniciativas AquaLab.
Plataforma de proba de tubos en lámina libre
Esta infraestrutura foi construída durante os traballos do proxecto OVALPIPE en colaboración co grupo GEAMA da UDC. É único a nivel europeo, xa que grazas á súa instalación na EDAR de Bens permite a proba de tubaxes en capa libre con augas residuais reais. Actualmente está adscrito mediante convenio entre a UDC, a empresa EDAR BENS, S.A. e EMALCSA, ao proxecto CoUD_Labs (https://co-udlabs.eu/), unha iniciativa liderada polo grupo GEAMA a nivel europeo para compartir instalacións científicas relacionadas coa mellora dos sistemas de drenaxe nas cidades.
Sistema de recollida de datos de alta frecuencia en Cecebre e as captacións de A Telva e Cañas (HFSDC)
Construída e implantada no marco do proxecto CORUÑA SMART CITY, é unha das instalacións máis completas e potentes a nivel nacional para estudos limnolóxicos. A súa explotación actual corre a cargo do grupo GEAMA da UDC no marco do traballo do plan AdO.
Cadro de vixilancia da calidade da auga de distribución
Instalado no CITEEC, é unha instalación que permite un seguimento continuo e de alta frecuencia dos principais parámetros de calidade da auga nas redes de distribución. Neste caso, de xeito real, a auga da Coruña. Actualmente está operado polo grupo GEAMA no marco do plan ECAD.