Skip to content Skip to footer
ESTRATEXIA DE INVESTIGACIÓN

I+D+i

A actividade de I+D+i de EMALCSA permitiu establecer e evolucionar temas prioritarios:

Protección do recurso, mediante a sistematización e consolidación dun modelo de investigación continua sobre a conca de abastecemento (integrando territorio e recursos hídricos).

Mellora do proceso de abastecemento, mediante a implementación de ferramentas que garantan a calidade tanto da propia auga como da subministración durante todo o proceso, así como o desenvolvemento dun sistema de participación social activa.

Dixitalización. Desenvolvemento básicamente de sistemas e ferramentas de apoio á toma de decisións mediante a captura e explotación de datos a través de técnicas de IA ou ML, e a implantación dun BSC, adaptado ao marco conceptual DUSA.

002
investigador-sostiene-tubo-ensayo-agua-mano-guante-azul
003

Liñas de investigación

Tres liñas de investigación relacionan os intereses suscitados dende EMALCSA, coa acción de I+D+i da Cátedra.

Cada liña de investigación conta cun coordinador, que dirixe as actuacións de acordo cos obxectivos previamente previstos, co visto e prace do Comité Técnico Científico, e aprobado pola Dirección da Cátedra.