Xuntos podemos avanzar máis rápido
As actividades da Cátedra EMALCSA-UDC están apoiadas coa achega de EMALCSA de acordo co vixente convenio. Neste caso, conta cun financiamento fixo anual de 20.000 euros para gastos de funcionamento e institucionais e outros 150.000 euros para actuacións de I+D+i.
Ademais, a Cátedra EMALCSA-UDC, como entidade interesada en mellorar un aspecto tan importante para a sociedade como é a auga, busca e fomenta a colaboración altruísta de empresas e particulares mediante accións de mecenado (doazóns), ou cofinanciamento dunha das súas actividades ou retos a través de propostas que posibiliten recadar fondos ou ideas que queiran desenvolver en colaboración coa Cátedra.