A Cátedra Emalcsa UDC ven de facer público que un dos seus máis ambiciosos obxectivos será o deseño e desenvolvemento de actividades de formación, divulgación, transferencia e investigación no ámbito da xestión sustentable da auga urbana. Potenciarase a colaboración en estudos de posgrao, patrocinio de bolsas pre e posdoutorais, organización de conferencias, seminarios e obradoiros, xornadas de divulgación científica, tecnolóxica e artística ou publicacións, entre outras actividades. Tamén encaixa nesta liña de traballo o apoio a teses de doutoramento e traballos de fin de mestrado e de grao, así como os encontros e redes.
Ademais, a cátedra dará apoio ás iniciativas colaboración entre Emalcsa e outros concellos e institucións no desenvolvemento de estratexias para unha xestión sostible da agua. A meta é converter á Coruña nun polo de atracción para compartir coñecemento con outras administracións e institucións, que poidan atopar un referente en Emalcsa para a mellora do seu desempeño diario. E, deste xeito, a empresa municipal de augas acada dimensión e importancia a través do traballo conxunto e o entendemento. Resolvendo problemas e retos aprenderemos máis e funcionaremos mellor.