O próximo 11 de decembro, no Edificio CICA, celebrarase o seminario BIALAC ‘Economía circular e bioplásticos‘, organizadas pola Cátedra EMALCSA-UDC e o consorcio do proxecto BIALAC, cofinanciado a través do programa CONECTA- PEME da Xunta de Galicia.
O actual contexto social pide buscar solucións para garantir a sustentabilidade do noso modelo de vida. Neste contexto a economía circular constitúese como un poderoso aliado e os bioplásticos como unha maneira de valorizar e contribuír a esa visión.
BIALAC (Desenvolvemento dun novo produto biomaterial a partir da valorización do soro lácteo e lodo urbano) é un proxecto financiado no marco do programa CONECTA PEME na convocatoria de 2018. Ten como obxectivo desenvolver un biomaterial baseado en polímeros biodegradables ( bioplásticos), a un custo baixo mediante o uso de materia prima de baixo valor a partir de soro da industria láctea e de lodo de depuradoras urbanas. Busca reducir os custos de produción dos biopolímeros ( polihidroxialcanoatos, PHA), valorizar o soro lácteo e o lodo de depuradora, e producir novas formulacións de envasado de alimentos 100% biodegradables, contribuíndo así a un modelo de economía circular.
A continuación achégase o tríptico de presentación e programa das xornadas:
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 11 de decembro, a través da páxina web da Cátedra EMALCSA-UDC, inscrición gratuíta. (Aforo limitado, admisión por rigorosa orde de pago)
Ligazón á inscripción: https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=895