A Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva acolleu o pasado xoves 31 de Xaneiro un encontro técnico entre profesionais de Emalcsa, a Universidade da Coruña e a empresa 3edata, spin off da Universidade de Santiago asentada no Campus Terra de Lugo, para analizar o primeiro ano de integración do embalse de Abegondo-Cecebre na rede internacional GLEON de monitorización. Trátase dun dos primeiros proxectos desenvolvidos no marco da Catedra EMALCSA-UDC.
No encontro interviñeron Ricardo Vázquez, director de Innovación de Emalcsa; Jordi Delgado, doutor en Xeoloxía e experto en limnologia da Universidade de A Coruña; Moisés Canle, doutor en Químicas e integrante do Grupo de Investigación de Reactividad Química e Fotorreactividad da UDC; e Carmen Cillero, doutora enxeñeira de Montes da empresa 3edata.
Presentaron os avances conseguidos nos últimos 12 meses, entre os que destaca a posta a piques de todos os equipos de medición e monitorización da rede de fornezo de Emalcsa e a creación dun protocolo de mantemento e calibración das sondas multiparamétricas da Telva, Cañás e Cecebre.
Tambien desenvolveuse unha primeira análise dos datos das sondas con importantes conclusións sobre novos protocolos de explotación do embalse de face a mellóraa dos procesos de potabilización, e unha análise sobre sustancias emerxentes que, de momento, non constitúen unha ameaza nas augas do embalse, aínda que existen indicios de presións antrópicas que anticipan problemas de contaminantes no futuro si non actuamos sobre as presións que se producen na contorna mediante vertidos e contaminación de augas superficiais dos ríos Mero e Barcés.
GLEON, unha rede internacional para compartir coñecemento
A rede científico técnica GLEON reúne a máis de 600 investigadores de 55 países, e conta con máis de 50 observatorios ecolóxicos, repartidos en 34 países e seis continentes. Dentro destas instalacións, Cecebre convértese a primeira situada na Península Ibérica, e o máis meridional en Europa. Estes observatorios (GLEON sites), son centinelas ecolóxicos clave para o estudo e preservación dos ecosistemas acuáticos na súa dimensión de proveedores de usos e servizos esenciais. Dispoñen de equipos para a medida en alta frecuencia (ou seguimento en continuo), de parámetros indicadores da calidade e o estado das masas de auga.
Os datos así recolleitos compártense na comunidade científica, para estudar problemáticas ou materias de interese común (secas, eclosión de cianobacterias, presenza de novas especies químicas, efectos da presión antrópica sobre o medio?), identificar procesos de interese local ou global (asociados ao cambio climático, por exemplo) e desenvolver campañas de estudo simultáneo en todo o mundo sobre problemáticas especificas de interese.