Durante o pasado Congreso das AEAS reuníronse membros da Cátedra EMALCSA-UDC con membros da Cátedra DAM, Alberto Bouzas( Director da cátedra) e Laura Pastor (Responsable Departamento de Innovación de DAM), co fin de compartir inquietudes e experiencias no ámbito da xestión da auga.
Neste caso a Cátedra DAM non se limitan á cooperación nun proxecto específico, senón ao apoio nunha área científica-tecnolóxica máis ampla e durante un período de tempo máis prolongado. Concretamente, a cátedra DAM:
- Permite a DAM o acceso directo aos recursos humanos e infraestruturas da Universitat de València e a posibilidade de atraer talento ao seu equipo técnico.
- Premia o talento e fomenta as liñas de investigación máis interesantes mediante premios de traballos final de grao e máster, tese e concursos de ideas.
- Axuda a fomentar a colaboración con expertos en diferentes áreas temáticas mediante a preparación de Innotalks, xornadas de divulgación e actividades formativas para ampliar coñecementos entre estudantes e profesionais do sector.
- Achega as actividades de transferencia de coñecementos da cátedra á sociedade en xeral, concienciando naquelas temáticas relacionadas coa concepción da auga residual como unha fonte de recursos.
A finalidade da cátedra é a promoción de actividades formativas, culturais, de investigación e de extensión universitaria, orientadas cara ao coñecemento e difusión da xestión sustentable e a recuperación de recursos da auga residual. Un dos retos máis importantes da Cátedra radica en lograr que, tanto no sector industrial como na sociedade en xeral, as augas residuais non se conciban como un mero residuo senón como unha fonte de recursos (auga, enerxía, fertilizantes) de enorme valor económico e ambiental.
Cátedra DAM foi creada por Depuración de Augas do Mediterráneo. Empresa con máis de 20 anos de experiencia na xestión de plantas de tratamento de augas.
Máis información da Cátedra DAM e de DAM: