O próximo 14 de decembro de 2018, preséntase o proxecto BIALAC, liderado por*EMALCSA, no que participan as empresas ABAKAL, INNOLACT e ECOPLAS, xunto coa UDC para desenvolver un novo produto biomaterial a partir da valorización do soro lácteo e do lodo urbano.
O obxectivo máis importante do proxecto é desenvolver un biomaterial baseado en polímeros biodegradables (bioplásticos), a un custo baixo mediante o uso de materia prima de baixo valor a partir de soro dunha industria láctea e de lodo de depuradoras urbanas. O proceso permitirá ao mesmo tempo reducir os custos de produción dos biopolímeros (polihidroxialcanoatos, PHA), valorizar o soro lácteo e o lodo de depuradora, e producir novas formulacións de envasado de alimentos 100% biodegradables, contribuíndo así a un modelo de economía circular. Ao mesmo tempo, estudarase a produción de acedos grasos volátiles (AGV) que son compostos de alto valor no mercado, tanto económico como ecolóxico.
Os obxectivos técnicos do proxecto son:
– Estudo da fermentación acidogénica do soro do leite a escala planta piloto.
– Estudo de produción de biopolímeros, polihidroxialcanoatos, a partir de soro fermentado a escala planta piloto.
– Estudos a escala de laboratorio da fermentación anaerobia de lodo urbano para producir acedos grasos volátiles e para a produción de biopolímeros a partir de lodo xerado nunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) urbanas.
– Experimentación en planta piloto para a produción de acedos grasos volátiles e biopolímeros a partir de lodo dunha EDAR urbana.
– Avaliación das propiedades e procesabilidad dos biopolímeros producidos.
– Obtención de biomateriales e validación dos mesmos.
O consorcio do proxecto reúne a catro empresas con gran capacidade técnica e tecnolóxica, que xunto coa colaboración dos grupos de investigación da UDC, BIOENGIN (grupo do área de Ingeniería Química, coordinado por Mª Carmen Veiga) e LABORATORIO DE POLÍMEROS, para abordar as tarefas con todas as garantías.