A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta colaboran de novo na organización deste certamen para recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia e difundilos entre a cidadanía e, en particular, investigadores e empresarios.
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vila;destacou o papel destes galardóns a favor da cultura da innovación en Galicia contribuíndo a tender unha ponte imprescindible entre a comunidade científica e a aplicación dos seus resultados de investigación no tecido empresarial e agradeceu a contribución da RAGC á difusión da cultura científica e, neste caso, á dinamización da cultura da innovación.
No acto, no que tamén participou o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, a directora de Gain subliñou que o ánimo aos procesos de transferencia que fan que o coñecemento materialícese en crecemento económico e benestar social é un dos eixes prioritarios da política de innovación da Xunta e que estes premios, ofrecen a oportunidade de reforzar os lazos entre os axentes xeradores de coñecemento e as empresas a través do recoñecemento de casos exemplares.
A primeira modalidade dos premios está dirixida a grupos científicos, recolleito polo equipo da Universidade de Santiago de Compostela dirixido polo profesor Francisco Rivadulla por un proxecto de aplicación ao campo da saúde, Argerey destacou que se trata dunha nova demostración de forza do sector biotecnolóxico galego.
As dúas modalidades empresariais, dirixida ás pemes galegas (incluíndo as micropemes); a lucense Ingeniería Insitu, destacou o potencial innovador das provincias do interior de Galicia. Felicitou á enxeñeira cuxa tese de doutoramento foi o xerme do proxecto e primeira tese das universidades galegas premiada coa mención industrial, María Varela, actual responsable de innovación da empresa, e subliñou a importancia de contar con referentes como ela para fomentar as vocacións científicas entre as rapazas. Ingeniería Insitu recibe o galardón polo desenvolvemento dunha solución baseada no big data para optimizar a eficiencia e a seguridade na xestión das infraestruturas viarias.
Para rematar,fíxose referencia ao traballo digno dunha mención especial, o proxecto “Pescaenverde” do Departamento de Enxeñería Química da USC, por supoñer o nacemento en Galicia da primeira ecoetiqueta específica dos produtos do mar que cuantifica o impacto no cambio climático.