Despois do éxito do primeiro Foro A Coruña 2030 celebrado a principios de febreiro, Radio Coruña Cadea SER programa para este próximo mércores día 13 de marzo unha segunda edición. Baixo o título “A Coruña que debe ser y será”, proponse unha xornada informativa ao redor de dous temas esenciais dos obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda2030: as novas fontes de enerxía e mobilidade que están a cambiar as nosas vidas. O Foro busca achegar ao conxunto da sociedade coruñesa e galega experiencias que se desenvolven a nivel estatal e internacional para lograr un mundo sustentable.
O auditorio da sede de Afundación no Cantón Grande é o espazo no que catro expertos trasladarán ao público os seus coñecementos e experiencias. Heikki Willsted, da Asociación Eólica Española; Nacho Tomás Ruiz, Secretario Técnico da Rede de Cidades pola Bicicleta; Carlos Enrique Lamora Suárez, Director Xeral de Edar Bens SA; Adina Dumitru, coordinadora do Campus Sustentabilidade da UdC. Presentará o acto Isabel Bravo, xornalista de Radio Coruña.
Os ‘Foros A Coruña 2030, hacia una comunidad sostenible’ están organizados por Radio Coruña Cadea SER, coa colaboración da Universidade da Coruña, Edar Bens SA e Afundación.
Fonte: Cadena Ser (https://cadenaser.com/emisora/radio_galicia/)