Como determinar canto abrir os sistemas de desaugadoiro (comportas e válvulas de descarga) de unha presa para dar un servizo óptimo á poboación e manter o caudal ecolóxico ao mesmo tempo que optimizamos as reservas?
Baixo este tipo de premisa xurdiu a participación de dúas empresas coruñesas: Improving Metrics, especializada en análise de datos e Intelixencia Artificial, e Emalcsa, empresa municipal de augas, no proxecto europeo Brain- IoT, enmarcado no programa Horizonte 2020 e financiado con 5 millóns de euros. A estas dúas súmase unha terceira, TECDESOFT, que colabora desde hai anos con Emalcsa no deseño e despregamento dos sistemas de monitoraxe, entre os que se inclúe toda a instrumentación da presa de Cecebre e o aplicativo SICA (Sistema Información Ciclo da auga) que o soporta.
BRAIN-IoT, a infraestrutura de xestión da auga de Emalcsa utilízase como un conxunto de casos de uso que demostran como a plataforma e as ferramentas desenvoltas por Improving Metrics, pódense utilizar para resolver escenarios do mundo real como, por exemplo, o funcionamento do desaugadoiro da presa de Cecebre mediante a operación coas súas comportas e válvulas de desague.
¿Qué é BRAIN-IOT?
Os obxectivos técnicos de BRAIN- IOT son lograr que dispositivos IoT heteroxéneos sexan capaces de cooperar en tarefas complexas, cun comportamento autónomo, a través de federacións altamente dinámicas, capaces de soportar operacións seguras e escalables. Ademais, aspira a establecer métodos seguros de Autenticación, Autorización e Contabilidade ( AAA) en escenarios IoT, e proporcionar solucións para o control da privacidade. Deste xeito, aspírase a desenvolver un sistema de integración rápida, que apoie o comportamento cooperativo intelixente e que permita a posta en marcha de aplicacións descentralizadas baseadas en IoT. A intención é ofrecer ferramentas que permitan a toma de decisións baseada en datos de forma autónoma e segura.
As aspiracións estratéxicas de BRAIN- IOT son demostrar a viabilidade dun enfoque totalmente descentralizado, a través dunha cooperación estreita entre comunidades internacionais abertas, e na que cada unha das partes (tanto axentes públicos como privados) poida decidir que combinación de plataformas IoT é a que se adapta mellor ás súas necesidades. Deste xeito, facilítase a competencia leal entre os provedores de produtos e servizos do Internet das Cousas, dispostos a formar parte de ecosistemas empresariais colaborativos, respectuosos coa privacidade e a propiedade dos datos.