O próximo 11 de outubro, na sede da Fundación Paideia, celebraranse as xornadas A INFRAESTRUTURA VERDE COMO ESTRATEXIA DE PLANIFICACIÓN DO TERRITORIO, organizadas pola Cátedra EMALCSA-UDC en colaboración coa Agrupación CITEEC e o Colexio deOficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
A infraestrutura verde representa unha ferramenta de planificación de eficacia probada que pode mellorar a resiliencia territorial e a mitigación do cambio climático, á parte de solucionar outros problemas ambientais como a fragmentación ou a coherencia ecolóxica, e mesmo mellorar a saúde pública. No medio urbano é unha necesidade imperiosa tendo en conta do vertixinoso crecemento poboacional e das cidades, lembremos que case o 80% da poboación española vive nas urbes. A Unión Europea ha disposto que todos os países membros deseñen a súa estratexia estatal en materia de infraestrutura verde, e despois as Comunidades Autónomas terán que facer o propio en coherencia coa estatal. Trátase, por tanto, dun imperativo europeo que
ademais é unha necesidade para facer fronte á realidade do século XXI.
Expoñeranse metodoloxías para o cálculo dos servizos ecosistémicos, verdadeiro obxectivo da infraestrutura verde xa que o seu deseño e a súa xestión deben estar enfocados cara á optimización dos servizos en consonancia coa potencialidade do contexto xeográfico, ecolóxico e social así como a demanda. É por tanto, unha ferramenta que debe utilizarse a diferentes escalas de traballo, pero sempre desde unha óptica de excelencia técnica e científica.
A continuación achégase o tríptico de presentación e programa das xornadas:
O prazo de inscrición abrirase desde o 3 ao 10 de outubro, a través da páxina web da Cátedra EMALCSA-UDC, implicará un custo de 50€ de matrícula ordinaria e gratuíto para estudantes. (Aforo limitado, admisión por rigorosa orde de pago)
Vínculo a inscrición e pago matrícula