Cúmprese o primeiro ano de andaina da Cátedra DAM co obxectivo de reforzar o compromiso coa súa contorna, o I+D+i e a Economía Circular. Desta forma busca promover que as augas residuais “non se conciban como un mero residuo senón como unha fonte de recursos de enorme valor económico e ambiental”.
Ao longo de 2018 a Cátedra organizou diferentes eventos por exemplo:
- Conferencias impartidas por Enrique Cabrera Marcet e Juan Andrés Saído Villatoro, abordando a importancia da xestión sustentable da auga e a aplicación do concepto pegada hídrica como indicador.
- Conferencia do Dr. Tomasso Lotti (Universidade de Florencia).
- Celebración I Jornada Científico-Técnica sobre el aprovechamiento del agua residual como fuente de recursos, onde se presentaron diferentes casos de estudo e proxectos de investigación relacionados coa materia.
- Promoción e recoñecemento de traballos de investigación relacionados coas temática da Cátedra por medio do “Premio al mejor trabajo fin de máster sobre gestión integral y recuperación de recursos del agua residual en la UV”.
- Unha das grandes apostas da Cátedra foi a celebración de Innotalks, concibidos como encontros informais de debate e reflexión entre estudantes con responsables de empresas e da administración autonómica orientados a abordar temas de interese no ámbito das augas residuais.
- Outro dos eixos estratéxicos da Cátedra foi a creación do proxecto de innovación “A Maleta da auga”, que pretende concienciar a estudantes de primaria e secundaria sobre a importancia de recuperar os recursos contidos na auga residual, a través de talleres formativos e didácticos.
- A Cátedra DAM tamén estivo presente na xornada de portas abertas celebrada o pasado mes de maio no Parc Científic da Universitat de València, EXPOCIENCIA 2018, onde achegou a ciencia e a innovación á cidadanía.