A Cátedra EMALCSA-UDC celebrará o próximo 24 de maio, ás 12,30h, unha conferecia de Pere Malgrat Bregolat titulada:
“Presente y futuro de la gestión del drenaje urbano: de la gestión tradicional a la gestión avanzada o “smart”
Pere Malgrat é actualmente o Xefe do Departamento de Espazo Urbano do Concello de Barcelona, e consultor estratéxico en drenaxe urbana e resiliencia.
Os seus 34 anos de experiencia profesional estiveron dedicados á planificación, proxectos, direccións de obra, explotación e mantemento de sistemas de drenaxe urbana e outros servizos urbanos, incluíndo novas tecnoloxías smart. Destacan entre os seus traballos a Dirección de Plans Directores e Proxectos de grandes infraestruturas de drenaxe urbana en Barcelona, Madrid, Lisboa, Bristol, Santiago de Chile ou Orán entre outros.
É o Presidente da Comisión de Drenaxe Urbana de AEAS (Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento), e Coordinador de drenaxe urbana e resiliencia en EUREAU(Asociación Europea do sector).
Foi Presidente da Comisión de Drenaxe Urbana de AGBAR desde o 1995 ao 2014 e líder do Program Advisory Commitee de Drenaxe Urbana de Suez, que se encarga de impulsar os proxectos de I+D+i de drenaxe urbana de Suez a nivel mundial desde o 2014 ao 2018. Dirixiu tamén numerosos proxectos de I+D+i e normativas de drenaxe urbana a nivel nacional e internacional.
Máis información da conferencia:
Invitación a conferencia PERE MALGRAT – Cátedra EMALCSA-UDC gallego
secretaria@catedraemalcsa.com
Inscripción á conferencia: