O Ministerio de Ciencia e Innovación publicou os resultados provisionais correspondentes á participación española no Programa Marco de I+D+i da Unión Europea para o período 2014-2019. A falta de consolidar os datos correspondentes ao ano 2020, último do actual programa Horizonte 2020, España consolídase como o cuarto país en retornos.
En concreto, nas convocatorias adxudicadas en 2019, España recibiu 1.067 millóns de euros en subvencións, o que supón a maior cantidade conseguida por España do Programa Marco nun só ano, elevando o retorno ao 10,4%.
As entidades españolas teñen unha presenza moi importante nas convocatorias de H2020. En conxunto, unha de cada catro propostas que conseguiron financiamento de H2020 conta con, polo menos, un representante español, por outra banda, España é o primeiro país en liderado de proxectos de I+D+i en colaboración (accións RIA e IA), o que reforza o posicionamento internacional das nosas entidades.
Entre os beneficiarios españois, as empresas son as que obteñen unha maior porcentaxe da subvención, co 36,5% do financiamento do noso país, seguidos das Universidades cun 20,5%.
No que se refire á distribución territorial da subvención española, Cataluña mantense en primeira posición co 28,3% de fondos. Mentres que, os resultados nas áreas/temáticas que conforman H2020, demostras que España está moi ben posicionada en moitos ámbitos, destacando especialmente o primeiro posto en “Innovación nas PEME”, cun retorno da 16,7% UE-28.
Para máis información: Ministerio de Ciencia e Innovación