O Instituto Tecnolóxico de Galicia ( ITG) organiza o 9 de maio na súa sede da Coruña un evento profesional de primeiro nivel para falar do presente e o futuro de BIM ( Building Information Modeling). Mostrarase a visión de arquitectos, promotores e administración, e tamén aspectos crave desta metodoloxía de traballo colaborativa para a creación e xestión dun proxecto de construción.
Pola mañá, empresas e expertosanalizarán a transformación do sector, expoñendo diversos casos de estudo. Pola tarde, impartirase un taller teórico-práctico gratuitodonde os asistentes coñecerán ferramentas de xestión de proxecto (medición, orzamento, planificación, certificación) interoperables en Open BIM.
O obxectivo da metodoloxía BIM é centralizar toda a información dun proxecto nun único modelo de información dixital creado por todos os axentes implicados. Isto supón a evolución dos sistemas de deseño tradicionais, xa que incorpora información xeométrica (3D), de tempos (4D), de custos (5D), ambiental (6D) e de mantemento (7D).
Máis información: https://www.itg.es/galiciabim2019/? fbclid= IwAR0 Vl7 RFpsIUaC3 tA7 EJjYosRHqFn9 bKFnP6 h7 URF5 QhlbP0 KGfiKHFP76 w