A Empresa Municipal de Augas da Coruña publicou o 14 de xuño, tanto na súa páxina web como no Boletín Oficial da Provincia, as bases da convocatoria externa para a provisión dunha praza de enxeñeiro industrial para cubrir o posto de Responsable de Instalacións Electromecánicas de Emalcsa.
Como figura nas bases da convocatoria, a praza é indefinida e o procedemento de selección realizarase por concurso-oposición de conformidade có establecido no convenio colectivo de Emalcsa e en ditas bases.
As persoas interesadas deberán remitir a documentación requerida para ser admitidas, por correo certificado ou por correo electrónico (secretariadireccion@emalcsa.es), á Secretaría de Dirección Xeral de Emalcsa, R/ Manuel Murguía, s/n (Edificio Casa da Auga), 15011, A Coruña. Para iso tenrán un prazo de quince días naturais contados a partires do día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
Non se admitirán os CV o solicitudes ou outra documentación que cheguen a través doutro correo electrónico que non sexa secretariadireccion@emalcsa.es nin a través da web de Emalcsa. Non se admitirá ningunha documentación presentada noutros organismos públicos diferentes ao especificado nestas bases.
A documentación requerida para a fase de concurso presentarase nun prazo de sete días naturaiss contados a partires do día seguinte á publicación da lista definitiva de aprobados da fase de oposición. A documentación de méritos presentada noutro prazo ou medio diferente ao sinalado nas bases non se tenrá en conta a todos os efectos.