A Federación Mundial de Organizacións de Enxeñería, FMOI, creou un grupo de traballo sobre a auga, WGoW ( Working Group of Water), que preside o noso compañeiro Tomás Sancho, Enxeñeiro de Camiños, e membro da Comisión Internacional do IIE(Instituto de Ingeniería de España).
As actividades que realiza o WGoW están ligadas ao uso da enxeñería coa auga para conseguir desenvolver na súa totalidade o Obxectivo 6 de Desenvolvemento Sustentable (Auga Limpa e Saneamento) e así cumprir os seus obxectivos a través da participación nos Grupos da Forza de Tarefas de Auga da ONU.
Más información: https://www.iies.es/single-post/2019/03/25/Tom%C3%A1s-Sancho-Presidente-del-WGoW-habla-sobre-el-uso-del-Agua-en-la-Agenda-2030