A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou no Cumio mundial do Clima, que Galicia é desde hoxe unha Comunidade Autónoma pioneira ao blindar por Lei a prevención fronte á seca, a través dunha norma que entrará en vigor en xaneiro de 2020.
A conselleira sinalou que a nosa Comunidade é moi sensible a esta nova situación, pois a capacidade dos seus embalses é baixa e as secas afectan, sobre todo, ás zonas máis poboadas de Galicia, pois os ríos máis caudalosos se atopan na metade interior.
Ademais, Vázquez destacou que, ao mesmo tempo, o desenvolvemento urbanístico en épocas pasadas a través de terreos “gañados” ao mar ou aos ríos, sitúa unha parte importante da poboación en risco de sufrir asolagamentos.
O primeiro obxectivo desta norma, indicou o de acadar unha xestión axeitada dos servizos do ciclo urbano da auga, procurando, entre outras cousas, situar as fugas das redes municipais de abastecemento por debaixo do 20% nun período de 3 anos, para o que os concellos contarán con axuda da Xunta de Galicia.
O segundo obxectivo da Lei é reducir a vulnerabilidade fronte os episodios de seca, para o que se establecen medidas de planificación, de xestión eficiente dos recursos hídricos e de execución de novas infraestruturas.
Máis información:https:https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/45363/ethel-vazquez-salienta-cumio-clima-que-galicia-primeira-comunidade-blindar-por