O pasado venres 24 de maio, celebrouse na sede de Emalcsa, en Cásaa da auga, a conferencia organizada pola Cátedra EMALCSA-UDC e en colaboración con EDAR BENS e a Agrupación Estratéxica CITEEC.
Nela, Pere Malgrat, xefe do Departamento de Espazo Urbano do Concello de Barcelona e presidente da Comisión de Drenaxe Urbana de AEAS, tratou o teme dos sistemas de drenaxe e saneamento futuros. Tendo en conta así os problemas e as sensibilidades actuais respecto á drenaxe, así como as normativas e ameazas emerxentes.
O acto foi presentado polo director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeiral, e o director da Cátedra EMALCSA-UDC, Joaquín Suárez.
Link da presentación de Pere Malgrat: