Con motivo do Día Mundial da Agua, a Fundación Canal reúne a expertos nas aplicacións de Intelixencia Artificial na xestión sostible da auga.
O luns 22 de marzo as 10:00 horas terá lugar unha xornada profesional onde se exporán casos prácticos sobre o potencial da IA para a xestión dos recursos naturais, a rega eficiente, a drenaxe urbana ou a predición da demanda en comunidades de regadores.
Presentará a sesión Virginia Riezu e contará coa participación de Ana Jiménez Castellanos de Intelixencia Artificial & Data Science, Antonio Lastra en representación do Canal de Isabel II, Josep María Mirats representando a Inloc Robotics, Rafael González do Departamento de agronomía da Universidade de Córdoba e Clarisa Mártines de TESSELLA (Altran).
Ademáis, presentaráse o “Caderno de iniciativas de intelixencia artificial en relación coa auga”, unha recompilación de iniciativas relevantes de aplicacións da IA tanto na xestión do ciclo integral da auga como na modelización do clima e a salvagarda do medio natural.
Os interesados en participar poderán reservar a súa praza presencial ou na modalidade online en streaming.